5º-6º Primaria
Cando Amy se dirixe á biblioteca da escola para recoller o seu libro favorito, descobre que non está no seu andel. Nun principio pensa que outra persoa o levou, pero a bibliotecaria explícalle que se viu obrigada a retiralo porque algúns pais cren que o libro non é apropiado para unha escola primaria. Co paso dos días, a lista de libros censurados polo consello escolar irase engrosando. Amy e os seus amigos reaccionarán e crearán a súa propia biblioteca, a Biblioteca de Libros Prohibidos, e vivirán unha entretida aventura na que os grandes protagonistas son os libros.
Unha novela sobre mozas e mozos valentes, sobre a censura e sobre a liberdade de ler.