Luísa Villalta, : melodía de palabras
por Canosa Blanco, MariÌa; Canosa, María [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CEIP de Celeiro Sala préstamo | 92-BIOGRAFÍA CAN lui | Dispoñible | LEC079000003716 |
|
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora. Luisa Villalta foi emoción e compromiso na mesma voz, esa que prestou a tantas causas para poderen ser escoitadas.